publicidade hoxe

A escuadra Cerdedoenrali organizou unha xornada formativa sobre RCP e soporte vital básico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedoCotobade
A-
A+

No día de onte no Centro Multisocial de Cerdedo celebrouse unha xornada de formación en materia de Reanimación Cardiopulmonar Básica e utilización básica do desfibrilador semiautomático.

Esta actividade foi organizada pola Escuadra Cerdedoenrali  baixo a coordinación de Juan Campos, médico instrutor de RCP, e co firme apoio do equipo de goberno encabezado por Jorge Cubela e José Balseiros, presidente e vicepresidente do recentemente fusionado Concello de Cerdedo-Cotobade.

Dita xornada estivo dirixida aos membros de protección civil, garda civil e empregados do concello. A duración foi de 5 horas e de forma complementaria tamén se formou aos asistentes en protocolos de actuación ante accidentes. Para finalizar realizouse o correspondente exame teórico-práctico e entregouse o diploma acreditativo de asistencia.

En base ao éxito de aceptación, a Escuadra exponse a realización de máis xornadas co mesmo formato, dirixidas aos colectivos e particulares da zona que así llo demanden.

2 de febreiro de 2017 | 18:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.