publicidade hoxe

A Deputación da Coruña inviste 209.000 euros para dotar de beirarrúas a varios lugares de Porto do Son

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaPorto do Son
A-
A+

A Deputación da Coruña, a través do Plan de Acción Social (PAS), puxo en marcha as obras de construción de beirarrúas nos lugares de Caamaño, na Ponte do Río Sieira ao Carrapatal (Xuño), no lugar do Mariño e na Avenida Constitución, ambos en Portosín, cun investimento total de 208.900 euros.

A circulación vial nos tramos de Caamaño e no acceso dende a Ponte do Río Sieira ao Carrapatal (Xuño) resulta insegura, principalmente para os peóns que transitan pola beira de esta vía de comunicación con Porto do Son. Por iso, a Deputación acomete os traballos para a construción de beirarrúas, coa construción de muros e o pavimentando do resto do espazo dende o bordo ata a estrada, para así non afectar á zona de circulación de vehículos.

Para levar a cabo estas obras, foi necesaria a limpeza de cunetas, a demolición do pavimento e a retirada ou reinstalación de, así como a reparación da varanda e barrotes metálicos de aceiro. Ademais, implantarase unha rede de saneamento consistente na canalización de augas a través de colectores e un pozo de rexistro. Unha actuación para a que o organismo provincial destina 92.600 euros. A duración prevista das obras é de tres meses.

Avenida da Constitución e Mariño

Co obxectivo de mellorar a seguridade vial no lugar do Mariño, e na avenida Constitución, en Portosín, que arestora manifestan unha carencia de pavimento nas marxes dereitas de ambos tramos, a Deputación levará a cabo as obras de rehabilitación das beirarrúas que contemplan a construción de muros, novas escaleiras e un pavimento seguro das calzadas, aliñando rasantes e pendentes que dificultan a circulación.

Ademais, nalgunhas zonas das calzadas existen escaleiras e fochancas perigosas que impiden a circulación, o que obriga aos viandantes a invadir a estrada, provocando riscos innecesarios. Para corrixir estes defectos, construirase un bordo de seguridade e dotarase dunha varanda de aceiro que servirá de protección da propia beirarrúa, conseguindo un mellor mantemento da mesma e maior seguridade peonil.

Para unha correcta execución dos traballos, o proxecto inclúe a retirada dos bancos existentes no trazado das beirarrúas, e das sinais de tráfico, procedéndose máis tarde a súa recolocación. As obras completaranse coa implantación dunha rede de saneamento consistente na canalización de augas a través de colectores e un pozo de rexistro. Ambas actuacións suporán un investimento total de 106.300 euros. O prazo de execución destas obras é de dous meses.

Estas intervencións contémplanse dentro do Plan de Acción Social (PAS), impulsado pola Deputación para optimizar as condicións de vida e as comunicacións viais dos veciños, e prestar un mellor servizo á comunidade.

8 de febreiro de 2017 | 18:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.