A Deputación da Coruña destina catro millóns de euros aos servizos sociais comunitarios dos concellos
A área de Servizos Sociais da Deputación da Coruña destina 4.037.275,46 € ao seu programa de financiamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais para o presente ano. Da liña de apoio beneficiaranse 83 concellos con menos de 20.000 habitantes.
A Deputación da Coruña publica unha nova edición da súa liña de axudas para dar asistencia económica ás entidades locais na execución das súas competencias en materia de servizos sociais. Con este programa, subvenciónanse os gastos dos profesionais dos servizos sociais comunitarios municipais entre os que se inclúen persoal técnico ou persoal do servizo de axuda no fogar.
“O programa de apoio aos servizos sociais comunitarios dos concellos pequenos é un dos piares da Deputación. Para nós é fundamental, en tempo de recortes, manter estes servizos esenciais que son de vital importancia para a xente que máis atención precisa”, explicou a deputada de Servizos Sociais, Ánxela Franco.
As contías máximas previstas para os concellos neste programa son:
Abegondo: 71.056,24 €; Aranga:42.128,12 €; Ares: 45.488,21 €; Arzúa: 39.111,54 €; A Baña: 51.502,50 €; Bergondo: 51.502,50 €; Betanzos: 83.084,81 €; Boimorto: 31.572,68 €; Boiro: 65.023,07 €; Boqueixón: 57.516,78 €; Brión: 53.027,07 €; Cabana de Bergantiños: 31.572,68 €; Cabanas: 31.572,68 €; Camariñas: 71.088,81 €; A Capela: 17.643,83 €; Cariño: 53.027,07 €; Carnota: 31.572,68 €; Carral: 59.008,79 €; Cedeira: 51.502,50 €; Cee: 52.994,50 €; Cerceda: 45.488,21 €; Cerdido: 17.643,83 €; Coirós: 45.488,21 €; Corcubión: 52.994,50 €; Coristanco: 42.128,12 €; Curtis: 45.488,21 €; Dodro: 51.502,50 €; Dumbría: 37.573,65 €; Fene: 44.684,99 €; Fisterra: 53.027,07 €; Frades: 17.643,83 €; Irixoa: 24.066,38 €; A Laracha: 58.600,52 €; Laxe: 37.586,97 €; Lousame: 51.502,50 €; Malpica de Bergantiños: 51.502,50 € ; Mañón: 32.656,42 €; Mazaricos: 51.502,50 € ; Melide: 52.994,50 €; Mesía: 51.502,50 €; Miño: 90.591,11 €; Moeche: 17.643,83 €; Monfero: 17.643,83 € ; Mugardos: 47.012,78 €; Muros: 52.994,50 €; Muxía: 65.023,07 €; Neda: 37.586,97 €; Negreira: 68.072,22 €; Noia: 68.072,22 €; Ordes: 65.023,07 €; Oroso: 39.078,97 €; Ortigueira: 77.070,53 €; Outes: 39.078,97 €; Oza – Cesuras: 77.047,57 €; Paderne: 39.111,54 €; Padrón: 72.529,37 €; O Pino: 33.097,25 €; A Pobra do Caramiñal: 56.043,65 €; Ponteceso: 33.097,25 €; Pontedeume: 69.169,28 €; As Pontes: 45.125,82 €; Porto do Son: 62.057,94 €; Rianxo: 65.023,07 €; Rois: 62.057,94 €; Sada: 83.084,81 €; San Sadurniño: 51.502,50 €; Santa Comba: 75.578,52 €; Santiso: 24.066,38 €; Sobrado: 31.572,68 €; As Somozas: 23.658,12 €; Teo: 65.023,07 €; Toques: 31.572,68 €; Tordoia: 51.502,50 €; Touro::45.488,21 €; Trazo: 43.601,25 €; Val do Dubra: 59.008,79 €; Valdoviño: 50.010,48 €; Vedra: 59.008,79 €; Vilarmaior: 31.572,68 €; Vilasantar: 51.502,50 €; Vimianzo: 51.107,54 € e Zas: 52.586,24 €











