A Deputación da Coruña destina 900.000 euros para financiar a contratación de persoal para a limpeza das praias da provincia
O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publica hoxe as bases do programa de limpeza de praias 2017 destinado aos concellos costeiros da provincia, cun orzamento de 900.000 euros.
Ademáis de contribuir á mellora da imaxe das máis de 360 praias coruñesas de cara á tempada estival, a campaña de limpeza de praias axudará tamén á creación de emprego durante os meses de verán, xa que a cargo deste programa do de contratación de socorristas en piscinas municipais contratáronse o pasado ano preto de 300 persoas.
A finalidade do programa é apoiar aos concellos coruñeses no sostemento dos gastos de contratación do persoal das brigadas que se encargarán da limpeza dos areais da provincia durante a tempada estival.
Axudas de entre 33.840 e 6.768 euros
A subvención para a creación destas brigadas de limpeza ten unha duración máxima de tres meses, que deberán estar comprendidos entre o 1 de maio e o 31 de outubro de 2017. O importe máximo que poderá recibir cada concello solicitante a través deste programa ascende a 33.840 euros e o mínimo a 6.768 euros.
A Deputación aplicará criterios obxectivos para a baremación das solicitudes, en función da superficie total das praias existentes en cada termo municipal, segundo os datos facilitados polo Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Marino, e a poboación oficial do concello, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística.
A superficie das praias valorarase cun máximo de 70 puntos (para aqueles concellos que teñan máis de 400.000 metros de superficie de praias), mentres que a poboación do municipio suporá ata 30 puntos na valoración