A Deputación acolle as “II Xornadas de Adiccións sen substancia”
A Deputación da Coruña acolle o vindeiro 10 de febreiro na súa sede as “II Xornadas de Adiccións sen substancia” convocadas pola Asociación Agalure, coa colaboración da área de Servizos Sociais. A xornada desenvolverase na Sala Juanjo Gallo da 6ª planta do Pazo Provincial.
O simposio inclúe a charla coloquio “Adicións sen substancia. Ludopatía, compras compulsivas, rede sociais, móbiles” a cargo do psicólogo clínico de Agalure, José Manuel Recouso Ramos, o relatorio “Xogo Responsábel” de Máximo Enrique Gutiérrez, Presidente de F.E.J.A.R.) ademais da intervención de Gerardo Rodríguez Velo, secretario da Asociación que falará do seu labor como instrumento de Prevención.
Agalure naceu hai máis de vinte anos na cidade da Coruña desde a que encamiña o seu traballo cara as persoas afectadas de ludopatía. Entre os seus obxectivos está a difusión e sensibilización da sociedade respecto dos problemas asociados ás adiccións sen substancia ou comportamentais.
Na xornada intervirá tamén a deputada responsable de Servizos Sociais da Deputación, Ánxela Franco.