Xa hai gañadores para o sorteo da campaña Súbete á moto de Comercio Galicia

Lara Méndez durante o sorteo
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o Vicepresidente da Deputación, Álvaro Santos, e o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, participaron este luns no acto para sortear unha moto dentro da campaña Súbete á moto de Comercio de Galicia, que se levou a cabo na sede da Federación de Comercio na cidade. O gañador da moto é José Alberto Lamas, que fixo a súa compra en Tobarix. Esta iniciativa, que xurdiu para incentivar as compras durante o Nadal, tivo este ano unha moi boa acollida entre os lucenses.











