publicidade hoxe

Voadora remata a súa residencia técnica artística coa representación de “Calypso” no Teatro Colón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCalendario
A-
A+

Catro semanas de traballo e esforzo, ese é balance que a compañía Voadora fai do seu paso polas Residencias Técnicas Artísticas do Teatro Colón. Esta residencia, a primeira compartida entre dous teatros de titularidade pública de Galicia -Teatro Colón e Pazo da Cultura de Narón-, rematará o vindeiro venres 3 de febreiro coa posta en escena de “Calypso”, unha das obras máis laureadas da compañía galega que, sen embargo, non contou apenas con representación na nosa comunidade até o de agora.

“Calypso” ‘é unha obra escrita para Voadora por Fernando Epelde, sen dúbida unha das plumas máis interesantes do panorama teatral español: dúas veces gañador do premio Jardiel Pondela 2014 e 2012, Premio Abrente 2014, Tirso de Molina 2011 e Marqués de Bradomín 2009, entre outros.

Ninguén coma el para por texto á poética-estética da compañía, xa que no seu universo dramático destaca o interese polas contradicións tanto da arte coma do home contemporáneo, temas moi afíns ao discurso da compañía sobre os que se profundiza en ‘Calypso’.

“Calypso” estará en cartel no Teatro Colón o venres 3 o sábado 4 de febreiro, en horario de 20:30 horas, e as entradas poden mercarse xa dende 5€.

“Soño dunha noite de verán” sobre as táboas

Pero antes da chegada de “Calypso”, Voadora porá a proba a obra obxecto da súa Residencia Técnica Artística, “Soño dunha noite de verán”, unha adaptación e análise do texto clásico de Shakespeare na que os artistas reinterpretan a esencia do británico dando unha interesante volta de porca.

A obra, que se estrará oficialmente o vindeiro 11 de febreiro no Pazo da Cultura de Narón, vivirá a súa posta en marcha no Teatro Colón o vindeiro xoves 2 de febreiro cunha función escolar na que a compañía poderá comprobar todo o desenrolado nas 4 semanas de Residencia Técnica Artística no teatro.

30 de xaneiro de 2017 | 11:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.