publicidade hoxe

Uns 200 cativos de Ames terán un agasallo a través da campaña “Zocos e trasnos”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmes
A-
A+

A campaña Zocos e trasnos repartirá, coa axuda dos Reis Magos, agasallos a 196 nenos e nenas de familias amesás que atravesan dificultades económicas.  A campaña, que foi posta en marcha o pasado mes de novembro pola Oficina de Voluntariado de Ames e a asociación veciñal “Vivo en Ames”, conseguiu recrutar aos 196 trasnos necesarios para que ningún neno ou nena se quede sen o seu agasallo nunha noite tan especial como a de Reis.

A principal novidade da campaña Zocos e Trasnos reside na atención personalizada que cada neno ou nena vai ter logo de escribir a súa carta aos Reis Magos. 196 trasnos encargaranse de facer chegar aos Reis os agasallos que recibirán os 196 zocos, eses nenos e nenas de 0 a 14 anos cuxas familias están a pasar dificultades económicas. A organización foi a encargada de recoller as cartas de Reis dos zocos e facelas chegar aos trasnos. Foi entón cando as e os voluntarios deberon escoller un dos agasallos das cartas, envolvelo e entregalo nalgún dos puntos de recollida situados por Ames. Para escoller un regalo tivéronse en conta tres requisitos: non deberían ter carácter sexista nin bélico, e ter un custo que rondase os 30 euros. Os agasallos doados polos trasnos clasificaranse e entregaranse ás familias para que estas os coloquen nos seus fogares na mañá de Reis. 

3 de xaneiro de 2017 | 17:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.