publicidade hoxe

Un total de 35 mozos participaron dos obradoiros de electrónica e impresión 3D organizados pola concellaría de Mocidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmes
A-
A+

A Concellería de Mocidade organizou para finais do pasado mes de decembro dous obradoiros relacionados coas novas tecnoloxías: un obradoiro de deseño e impresión 3D e outro de electrónica, que se desenvolveron nas casas da cultura do Milladoiro e de Bertamiráns. Os obradoiros tiveron unha gran acollida entres os mozos e mozas e cubríronse todas as prazas ofertadas, 20 en Milladoiro e 15 en Bertamiráns, quedando incluso rapaces e rapazas en lista de agarda.

Tralo éxito que tiveron os obradoiros de robótica, organizados no Nadal de 2015, a Concellaría de Mocidade decidiu programar outras dúas actividades relacionadas coas novas tecnoloxías para mozos e mozas de 12 anos en diante durante estas festas. Deste xeito, a Casa da Cultura do Milladoiro acolleu un obradoiro de deseño e impresión 3D, no que os participantes puideron coñecer o software de modelado 3D e incluso elaborar algún pequeno proxecto.

En Bertamiráns, tamén na Casa da Cultura, 15 rapaces e rapazas participaron do obradoiro de electrónica onde traballaron con leds, timbres, pilas ou circuitos electrónicos cos que puideron, entre outras cousas, facer luz a través de elementos moi sinxelos.

3 de xaneiro de 2017 | 17:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.