Trae o teu xoguete a Caeiro Rey e os xogadores do Rio Natura Monbus regalaranche unha entrada
A pesar de estar na recta final do Nadal, o Rio Natura Monbus Obradoiro continúa coas súas accións solidarias, esta vez da man do Grupo Caeiro Rey, membro do Club de Empresas Obradoiro e provedor oficial de vehículos da entidade.
Por iso, mañá martes 3 de xaneiro, ás 18.00 horas, Eimantas Bendzius, Adam Pechacek e Artem Pustovyi estarán no concesionario Caeiro Rey (Vía Isaac Peral, 18 Pol. do Tambre) e regalarán in situ unha entrada en Tribuna 2 para o próximo partido do equipo en casa a cada afeccionado que traian un xoguete novo.
Todos os xoguetes recadados nesta acción solidaria serán doados a Cáritas dentro da campaña organizada polo Grupo Caeiro Rey. Segundo explicaron desde Caeiro Rey, “esta acción comezou sendo interna para o persoal da empresa, pero como tivo moi boa acollida por parte dos clientes habilitáronse dous coches familiares (un na Coruña e outro en Santiago) nos que a xente pode deixar os seus xoguetes”.
O mércores 4 de xaneiro será cando o Grupo Caeiro Rey fará entrega no seu concesionario de Santiago de todos os xoguetes recolleitos a Cáritas, para que así cheguen aos nenos máis desfavorecidos nestas datas.











