publicidade hoxe

Tomiño e Vila Nova reivindican o tren coma o transporte do futuro para os concellos fronteirizos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exteriorLocal PortadaTomiño
A-
A+

Os concellos de Tomiño e Vila Nova de Cerveira acuden xuntos hoxe ao foro “La vertebración de la Eurorregión a través del ferrocarril”, organizado pola Confederación de Empresarios de Vigo (CEP), en colaboración co Eixo Atlántico, e onde se atopan tamén os máximos responsables de Transportes de España e Portugal, e o coordinador da RedeTranseuropea de Transportes da Comisión Europea, que veñen de colocar de novo na axenda a construción da chamada saídasur ferroviaria de Vigo, un proxecto que foi anulado unha década atrás.

A alcaldesa de Tomiño, SandraGonzález, explica que Tomiño e Cerveira van xuntos a estas xornadas porque consideran que o tren debe ser o eixe vertebrador do territorio, sobre todo, na fronteira. “É importante saber que somos a fronteira luso-española máis poboada da península, polo que deberíamos ser prioridade neste tema”, sinala a rexedora tomiñesa.

Ambos os mandatarios locais non comprenden que non haxa un tren que conecte todo o eixo atlántico, dende A Coruña até Porto e que permita aos cidadáns coller o ferrocarril en Portugal para chegar a Vigo, Santiago ou A Coruña. Segundo os alcaldes, o  uso do tren na raia daríalle á comarca do Baixo Miño, unha centralidade relevante, ao colocala entre dúas cidades tan importantes como Vigo e Porto. “Reivindicamos o tren como o transporte sostible do futuro, que daría aos nosos pobos unha maior calidade de vida e un pulo moi importante ao noso comercio e turismo”, aseguran os rexedores de Tomiño e Cerveira. 

Tamén participan neste foro a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez; o presidente da Comisión de Fomento do Congreso, Celso Delgado; o presidente da CEP, JorgeCebreiros eo secretario do Eixo Atlántico,  Xoán Vázquez Mao. Estes últimos salientaron a importancia de que responsables de máximo nivel das distintas Administracións Públicas implicadas no desenvolvemento ferroviario de España e Portugal, participen neste foro. 

Outra presencia destacada é a do catedrático da Universidade da Coruña, Miguel Rodríguez Bugarín, que forma parte da mesa redonda “Tren e empresa: un tándem imprescindible para o desenvolvemento da provincia de Pontevedra (saída sur e Metrotren)”.

26 de xaneiro de 2017 | 13:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.