publicidade hoxe

Todo preparado no Grove para recibir aos Reis Magos de Oriente

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

O Concello do Grove xa está preparado para a visita das súas Maxestades os Reis Magos de Oriente. Os tres Reis e o seu séquito sairán mañá xoves ás 18.00 horas do Colexio ValleInclán no Barrio de Ardia para dirixirse pola Rúa Tenente Domínguez, a Rúa Castelao e a Rúa PabloIglesias ata a Praza do Corgo. Unha vez alí dirixirán unhas verbas aos máis cativos dende o balcón da Casa Consistorial. Como novidade, as súas Maxestades realizarán unha recepción na pranta baixa do Concello e todos aqueles rapaces e rapazas que así o desexen poderán saludalos e facerlles as súas peticións.

Durante o percorrido da cabalgata os Reis e os seus axudantes repartirán 400 quilos de caramelos e despois da recepción os nenos e nenas poderán tomar un chocolate con churros ás portas do Concello. Deste xeito preténdese reducir o exceso de caramelos de anos anteriores (que xera moito lixo nas rúas do Grove) e ofrecer outros doces aos cativos que lles permitan desfrutar deste día.

A espectacular cabalgata de Reis do Grove é posible gracias ao traballo dun amplo número de voluntarios e voluntarias que levan traballando nas carrozas que transportarán as súas Maxestades dende o 1 de decembro. Ademais das catro carrozas do Concello, dúas asociacións culturais das localidade sumaranse ao desfile coas súas propias estruturas.

Dende o Concello do Grove agradécese a colaboración dos veciños e veciñas para manter as rúas limpas ao paso da comitiva. Deste xeito recoméndase evitar o uso de “papeluchos” e materiais semellantes de difícil recollida das rúas e lémbrase evitar produtos inflamables ou corrosivos sobre as carrozas e vehículos. Tanto as Policia Local como os servizos de Emerxencias Municipais manterán un despregue amplo para garantir o bo desenvolvemento da visita das súas Maxestades.

4 de xaneiro de 2017 | 19:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.