publicidade hoxe

Tiberevi presenta este sábado o seu primeiro disco no Pazo da Peregrina

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmes
A-
A+

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acollerá este sábado, 7 de xaneiro, o concerto presentación do primeiro disco de Tiberevi, Mentres as baleas dormen. Xabier e Beatriz Blanco amosarán a súa destreza co acordeón diatónico con melodías envolventes e diferentes ritmos a partir das 20:00 horas.

Sete temas como O blues da lus, Olas de alas, Mar de plástico ou Nómada conforman o traballo realizado por Xabier e Beatriz neste Mentres as baleas dormen. Un disco editado en febreiro do ano 2016 e que tivo unha moi boa aceptación alí por onde se presentou. Os dous irmáns amosarán no Pazo da Peregrina o seu dominio do acordeón diatónico, un instrumento cuxa estrutura musical depende dalgunhas escalas determinadas. A diferenza do acordeón cromático, a nota do mesmo botón cambia dependendo de se se abre ou se pecha o fol.

Experimento sonoro

Non será o concerto o único momento que nos deixará Tiberevi. O dúo invita á cidadanía a participar do experimento sonoro Unha orquestra na cociña, polo que os participantes pasarán a formar parte dunha formación musical onde os instrumentos serán os utensilios de cociña. Para poder formar parte deste experimento sonoro, que se desenvolverá tamén o sábado, a partir das 18:00 horas no Pazo da Peregrina, é necesario apuntarse, xa que as prazas son limitadas. Os interesados, maiores de 10 anos, pódeno facer no enderezo electrónico tibereviduo@gmail.com. 

5 de xaneiro de 2017 | 17:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.