Telefónica leva 4G a máis do 96% da poboación da provincia de Pontevedra
Máis do 96% da poboación da provincia de Pontevedra goza xa de tecnoloxía 4G, grazas ao despregamento efectuado por Telefónica durante os últimos meses en 62 municipios da área.
Até a data, Telefónica estendeu a cobertura 4G en 297 dos 315 municipios de Galicia, o que significa que o 90% da poboación galega pode xa gozar desta tecnoloxía móbil de última xeración.
Para iso, dotou con tecnoloxía de banda ancha ultrarrápida móbil a preto de 700 estacións base en servizo en Galicia, que até o momento traballaban con redes 2G e 3G, conectándoas ademais á súa rede de fibra óptica para mellorar o servizo de transmisión de datos e permitindo así ampliar o tráfico de datos en situacións de alta demanda. Isto permitirá á rede de 4G de Telefónica en Galicia estar preparada para o previsible aumento do parque de terminais 4G e a demanda de datos no futuro próximo.
Telefónica continuará levando 4G, que ofrece velocidades de navegación en Internet de até 300 Mbps, a outros puntos de Galicia co obxectivo de completar o despregamento nos próximos meses. Na comunidade galega, a cobertura móbil supera á media española, alcanzando en 3G ao 98% do territorio –por encima da media estatal, do 87,5%.











