publicidade hoxe

Teatro Airiños representa no auditorio de Catoira a obra “Hoxe non se paga!! E mañá xa veremos!!”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCatoira
A-
A+

Este sábado, 14 de xaneiro, actúa no Auditorio o grupo de teatro Airiños, de Rianxo, que levará a escena a obra “Hoxe non se paga!! E mañá xa veremos!!”. A función será ás 21:00 horas, con entrada de balde ata completar aforo.

SINOPSE: Hoxe non se paga! centra a súa temática nas dificultades da clase obreira para sobrevivir economicamente nunha situación de crise e inflación descontrolada. As protagonistas da obra, á vista da subida incontrolada dos prezos, deciden, xunto con outras mulleres e homes, non pagar no supermercado dado que os prezos non son xustos. Este suceso desencadea unha boa chea de situacións rocambolescas nas que interveñen personaxes a cada cal máis simpático e divertido que provocan escenas hilarantes. A farsa trasládase aos nosos tempos, a nosa crise e, por suposto, a nosa terra.

DIRECCIÓN: Esther F. Carrodeguas

DURACIÓN: 90 minutos

CORPO ACTORAL (17 actores): Ramona Fernández – Pablo García – Teresa Gey – Raquel Lodeiros – Lupe Mazariegos – Tino Miranda – Graciela Muñiz – Álvaro Ordóñez – Mucha Ordóñez – Raquel Ramos – Merchi R. Pimentel – Bautista Romero – Mari Santos – Xesús Santos – Anxela Silva – Saro Varela – Segis Zúñiga

ILUMINACIÓN: Francisco Gómez e Esther F. Carrodeguas

12 de xaneiro de 2017 | 19:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.