publicidade hoxe

Salceda de Caselas comeza os preparativos do Entroido máis importante da Comarca

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalceda de Caselas
A-
A+

O Concello de Salceda de Caselas, aotraverso da Concellaría e Festas que dirixe Teresa Pérez, ven de publicar as bases para a participación no XIX Desfile de Carrozas e Comparsas que se celebrará no municipio o domingo 26 de febreiro de 2017. Durante a semana do 6ao10 de febreiroserán as agrupaciónspertencentes a Salceda as que poidan formalizar a súasolicitude de participación no desfile, e na semana do 13ao17será o turno para as agrupacións de outros municipios, que poderán ocupar as prazas restantes por orde de solicitude.

As agrupacións deberán estar formadas por un mínimo de 15 compoñentes, e poderán presentarse con ousen carroza, establecéndose diferentes categorías en ámbolosdous casos. Ademáis, o desfile completaraseco concurso de coplas no que participan tódalasagrupacións. Todas as comparsas admitidas recibirán unha compensación económica polasúa participación, que varía entre os 100 e os 700 € en función do número de compoñentes.

Ademáis da dotación económica, establécese un xamón como premio para diversas categorías: A mellor música en directo, a mellor coreografía, a comparsa máisfesteira, a comparsa con maior número de componentes, o tema máisorixinal, o mellorvestiario, a carroza máistraballada, a carroza máisorixinal, o mellortraballo en conxunto, as coplas máis divertida, as coplas mellor recitadas e o participante de maioridade, así como un agasallo para o participante máisnovo.

Toda a información e as bases do concurso poden consultarse a través da páxina web do Concello www.salcedadecaselas.es ou no taboleiro de anuncios do mesmo Concello.

En Salceda o Entroido é unha das súasfestasmáis grandes, para o que se prepara xaunhaampla programación que será presentada ao completo uns días antes das festas.

A programación municipal completará o xatradiconalenfrontamento entre Castro Barreiro e A Feira, que haixamáis de 125 anos se ven celebrando, e para o que os barrios levan xa tempo traballando arreo no máis estricto segredismo.

Teresa Pérez, Concelleira de Cultura: “Estamos ante a nosafestamáis tradicional, que en Salceda se remonta a máisdunséculo de tradición. Agardamos que un ano máis o noso Concello sexa referencia na festa do Entroido e agardamos a visita de milleiros de persoas para o que estamos a traballarxa entre as diferentes concellarías”.

12 de xaneiro de 2017 | 19:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.