Ribadumia acollerá ás súas Maxestades os Reis Magos cunha cabalgata renovada
O concello de Ribadumia informa que mañá día 5 de xaneiro, terá lugar a tradicional Cabalgata de Reis, que este ano como novidade transcorrerá por cada unha das seis parroquias que compoñen o Concello de Ribadumia, Ribadumia, Besomaño, Leiro, Lois, Barrantes e Sisán.
A Cabalgata estará composta por tres carrozas e as súas Maxestades farán o desfile en cabalo, como ven sendo tradición en Ribadumia.
A comitiva real sairá as 16 horas do Auditorio Municipal de Ribadumia, para percorrer Ribadumia, Leiro, Lois, Besomaño, Sisán e chegar a concentrarse as 18:30 no centro de Barrantes, diante do Concello. Este ano acompañarán os reis dos invitados moi especiais para os nenos, xa que virán Ryder y Marshall da Patrulla Canina.
Para que todo esto sexa posible, o centro de Barrantes permanecerá pechado ó tráfico dende as 18 h ata as 20:00.
Tamén indicar que gran parte dos caramelos que se tirarán son aptos para celíacos.
Convidamos a todos os veciños e visitantes a que veñan a disfrutar da maxia dos reis magos a Ribadumia coa cabalgata que recupera tradicións.