publicidade hoxe

Representación teatral de “Fuga” no Barco de Valdeorras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioO Barco de Valdeorras
A-
A+

O próximo, Venres, 13 de xaneiro as 21:00 h. no Teatro Lauro Olmo de O Barco de Valdeorras – Ourense.  Terá lugar a Obra de Teatro “FUGA” de Jordi Galceran, representada polo grupo GARGALLADA TEATRO dirixida por Pilar Alonso e M. Caramés a beneficio da Asociación Española Contra o Cancro de Ourense.

Representación: GARGALLADA TEATRO

Dirección:Pilar Alonso e M. Caramés

Actores e Actrices:Lalo Santos, Reyes Limia, Manolo Caramés, Aurora Fdez.,Manuel González.

SINOPSIS:

É unha deliciosa e trepidante comedia de Jordi Galcerán, Conta a historia de Antón Pita, conselleiro de Industria e Enerxía, que acaba de dimitir por un escándalo de corrupción destapado polo xornalista polo que a súa muller decidiu deixalo. Cando está no seu chalé, a piques de suicidarse chama á porta Lorena, unha vendedora ambulante desesperada, que cambiará por completo a súa vida. As sucesivas chegadas ao chalé dunha prostituta, una asasino a soldo e o pai da Lorena, darán lugar a unha enleada trama cómica chea de reviravoltas, que vai rematar cun sorprendente final.

9 de xaneiro de 2017 | 18:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.