publicidade hoxe

Primeira xornada de almorzos saudables en Soutomaior

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSoutomaior
A-
A+

O vindeiro venres, 27 de Xaneiro de 2017, o Obradoiro de Emprego “Hostalería Verdugo” vai levar a cabo a realización dunha das xornadas denominadas “Almorzos Saudables”. Nela participarán arredor de 40 nen@s de idades comprendidas entre os 9 e 10 anos, pertencentes o colexio público “Manuel Padín Truiteiro”.

A xornada terá lugar nas instalacións do Obradoiro, dende as dez da mañá as trece horas. A sua chegada, serán recibidos polo Director do Obradoiro e acomodados na sala polos alumn@s da especialidade de Restaurante.

O programa establecido arrancará cunha charla de quince minutos a cargo da Titora do Obradoiro, para ensinarlles en que consiste unha alimentación equilibrada e falarlles dos elementos básicos dunha dieta saudable. Unha vez rematada a charla terán una pequena participación na realización do almorzo saudable, o cal estará formado por froita, lácteos e cereais. Dita participación farase en grupos de veinte alumnos cada un e consistirá en amasado de pan na cociña e na elaboración dunhas brochetas no restaurante. Para rematar a xornada participarán nuns xogos relacionados coa temática da xornada. As trece horas despediremos os alumnos facéndolles entrega do bollito de pan cociñado por cada un deles.

O martes 31 esta mesma actividade estará dirixida aos alumn@s de 4º de primaria do colexio Santiago Apóstol.

25 de xaneiro de 2017 | 18:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.