Pedaladas pide ao alcalde de Pontevedra que leve a plataforma única de Benito Corbal até a avenida de Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Asociación Pedaladas entregoulle ao alcalde Miguel Fernández Lores unha carta de Reis, unha “carta de máximos”, segundo a cualificou o seu portavoz Enrique Pérez. Cinco son as peticións que fai a asociación: Levar a plataforma única da rúa Benito Corbal até Loureiro Crespo e avenida de Lugo, mellorar a accesibilidade nos espazos privados; conexións sustentables cos municipios de arredor; elaborar una normativa municipal de mobilidade e crear a Biciescola de Pontevedra.

“Nós teremos en conta estas peticións” asegurou o alcalde quen puxo en valor o feito de que Pedaladas sempre estivo ao carón do Concello a hora de traballar na mellora da calidade urbana de Pontevedra. Nun dubidou en definir a Pedaladas como “aliados” mais subliñou que “ten que quedar claro que en Pontevedra a preferencia e: primeiro do peón, despois da bici, en terceiro lugar do transporte público e por último o coche privado”. A velocidade 30, as plataformas únicas de coexistencia, as medidas de calmado de tráfico, a accesibilidade universal dos espazos públicos son aspectos do modelo Pontevedra que contan co apoio sen fisuras de Pedaladas. Porén a asociación aposta pola potenciación do uso da bici na cidade e de aí as propostas recollidas na carta de Reis entregada ao alcalde.

A carta de Reis entregada a Lores é a quinta presentada pola Asociación Pedaladas. Antes foron as remitidas ao presidente do Goberno e aos alcaldes/as de Vilaboa, Marín e Poio.

3 de xaneiro de 2017 | 18:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.