publicidade hoxe

Os veciños de Paradela recibiron 400.000 euros do Orzamento da Deputación de Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoParadela
A-
A+

O Presidente, Darío Campos Conde, informou este luns que o Goberno da Deputación levou ao Concello de Paradela investimentos de máis de 400.000 euros do orzamento para 2016. Campos Conde subliñou que “a miña prioridade sempre foi, e é, pór a disposición do máis de 350.000 veciños dos 67 municipios lugueses os fondos desta institución, -pois correspóndelles, son cartos públicos-, para responder as súas necesidades e mellorar a súa calidade de vida”.

O titular provincial fixo estas declaracións nun encontro con ducias de veciños do núcleo rural de Castro de Rei Lemos, en Paradela, onde o Executivo Provincial financiou con 37.000 euros a dotación dunha nova traída de auga e a mellora de accesos viarios. Son actuacións que solicitaron os 500 veciños desta zona, eminentemente gandeira, pois nela atópanse unha decena de explotacións de leite e carne. Como mostra de agradecemento, os veciños convidaron ao Presidente e á Deputada ao xantar que celebran anualmente neste núcleo.

84.700 euros a través de colectivos veciñais

Campos Conde remarcou que “quero que a institución que presido, sexa unha Deputación coas persoas, social e rural. Por iso, respondemos ás peticións veciñais e ofrecemos novas prestacións públicas que melloren a calidade de vida e favorezan a vida no rural e do rural”, salientou. Deste xeito, xunto a estas actuacións de 37.000 euros, o Executivo da Deputación respondeu con outros 47.800 ás peticións veciños doutros colectivos do Concello de Paradela, financiando arranxos de máis camiños e traídas de auga, así como melloras en centros sociais ou programacións culturais e deportivas, que promoven as asociacións e equipos locais deste municipio.

Preto de 320.000 euros a través do Concello

Directamente a través do Concello de Paradela, o Goberno da Deputación fixo que os veciños deste municipio recibisen outros 320.000 euros para:

– mellorar o sistema de recollida de lixo municipal coa dotación dun novo camión: 60.000 euros.

– dotar dun novo parque no colexio público: 5.743 euros.

– arranxar o único tanatorio municipal: 106.436 euros.

– acondicionar os camiños municipais en Laxe, Moutra, Vilachá, Tremeado, Bariz, Liz e Paredes de Arriba: 50.857 euros.

– mellorar a rede de alumeado público na Rúa Cabaleiros de Santiago: 21.455 euros.

– mellorar a sede electrónica municipal: 4.291 euros

– ofrecer aos maiores Servizo a Domicilio: 23.062 euros.

– xerar 2 postos de traballo como peóns: 44.251 euros.

– colaborar co Concello na organización de actividades culturais: 1.082 euros

– colaborar co Concello na compra de equipamento para instalacións culturais: 1.082 euros.

– colaborar co Concello na organización de actividades deportivas: 1.148 euros.

31 de xaneiro de 2017 | 16:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.