publicidade hoxe

Os Reis Magos visitarán a través da cabalgata todas as parroquias de Ares

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAres
A-
A+

O Concello de Ares, un ano máis, organiza a Cabalgata de Reis, que se desenvolverá na tarde de mañá, día 5. Como acontecerá coa de Papá Noel, o percorrido coas carrozas levarase a cabo polas rúas da vila, se ben as súas Maxestades visitarán aos nenos e nenas de todas as parroquias do municipio ao longo de dita tarde.

Deste xeito, está previsto que acudan ás 16.30 horas a visitar a praza do Pedregal de Redes, Barracido ás 16:50, Pedrós ás 17:15 h, Chanteiro ás 17:30 h, Cervás ás 18:00 h e Ares ás 18:45, onde se iniciará a cabalgata propiamente dita. Unha vez rematado o percorrido polas principais rúas da vila –Porta do Sol, avenida de Redes, Saavedra Meneses, praza da Igrexa, rúa Real, avenida de Mugardos e Rúa Celso Emilio Ferreiro- Melchor, Gaspar e Baltasar acidirán ao pavillón municipal para recibir aos rapaces e rapazas que os queiran saudar. O pavillón, como en anos anteriores, estará aberto dende as catro e media da tarde, ofrecendo aos máis pequenos xogos inchables e música. 

4 de xaneiro de 2017 | 18:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.