Os Reis Magos chegarán este xoves 5 a Pontevedra
Os Reis Magos chegarán na mañá do xoves, 5 de xaneiro, a cidade co fin de comezar os preparativos do reparto de xoguetes e agasallos da noite. Pero tamén terán tempo para saudar aos veciños e veciñas da cidade e facer unha recepción aos nenos e nenas no Pazo de Mugartegui, a partir das 11.00 horas da mañá.
Xa pola tarde, a partir das 18.00 horas, as súas Maxestades de Oriente percorrerán as rúas de Pontevedra acompañados dunha ampla e animada comitiva que inclúe música, animación, carrozas temáticas, bonecos, robots… ledicia, imaxinación e festa. Reis Magos. Programación do 5 de xaneiro.
10.30. Entrada do Concello. O alcade entrega as cartas depositadas no buzón real aos Reis Magos.
10.45 horas. Saída do Concello para percorrer as rúas Michelena, Peregrina, Paseo Antonio Odriozola, Pasantería, Sarmiento, César Boenre, praza de Mugartegui
11.00 horas. Recepción oficial no Pazo de Mugartegui
18.00 horas. Saída da Cabalgata de Reis co seguinte percorrido: rúas José Malvar, Loureiro Crespo, Benito Corbal, praza da Peregrina, Michelena, praza de España, Alameda.
Composición da Cabalgata de Reis:
• Policía Local
• Charanga Airiños de San Martiño
• Camión escaleira de Bombeiros
• Grupo de Cabalería
• Carroza Mortadelo e Filemón
• Pablo Méndez Perfomance: Ollos e robots
• Rivel Animación: Sons de Barrio Sésamo
• Charanga Charandonga
• Carroza Xorobado de Notre Dame
• Troula: Contos
• Rivel Animación: Malabaristas para os Reis
• Grupo folclórico Xoldra
• Art-Monium: Músicos e cabezudos con bailarina
• Carroza Heraldo e Trompetas (Avícola de Galicia)
• Art-Monium: O Bosque animado
• Grupo folclórico Os Alegres
• Grupos de pastores
• Camelos
• Art-Monium: Carboneiros
• Carroza Rei Melchor (Coca Cola)
• Troula: Trasnos e boneco de neve
• Rivel Animación: Lubrigante feliz e mariscada de Reis
• Carroza Rei Gaspar (Comercial Senra)
• Pablo Méndez Perfomance: Bonecos dundus
• Art-Monium: Anxos carameleiros
• Troula: A luz do camiño
• Carroza Rei Baltasar
• Pablo Méndez Perfomance: Medusas e cabaliño de mar











