publicidade hoxe

Ordes recibirá a Melchor, Gaspar e Baltasar no día máis máxico do ano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdes
A-
A+

O pobo de Ordes xa ten todo listo para vivir o que, sobre todo para os máis novos e novas da casa, é o día máis máxico do ano. Como cada ano Melchor, Gaspar e Baltasar visitarán a vila para levar a cabo a tradicional cabalgata, a cal transcorrerá polas principais rúas do casco urbano ata chegar á Alameda de Ordes. Durante o percorrido repartiranse doces e caramelos entre todas as persoas asistentes (aptos para celíacas). Previamente farán unha parada no mesmo Concello, onde a corporación local, encabezada polo alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, lles dará a benvida.

Posteriormente dirixiranse á gran carpa instalada a poucos metros, onde quedarán instalados os tronos reais nos que as súas maxestades recibirán a cada neno e nena. Unha ocasión na que os pequenos e pequenas poderán lembrarlles os agasallos que agardan para esa mesma noite.

O Concello ten preparado un dispositivo de seguridade especial, no cal intervirán tanto axentes da Policía Local como de Protección Civil. Ademais dende as 16 ata as 21 horas cerrarase ao tráfico rodado a N-550 ao seu paso pola vila, indicándose os desvíos habilitados tanto en dirección Santiago como A Coruña.

4 de xaneiro de 2017 | 11:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.