Ordes celebra unha gran festa de Reis
Os nenos e nenas de Ordes viviron unha tarde inesquecible no día de onte grazas á Festa de Reis, organizada polo Concello de Ordes. O pavillón Castelao I encheuse de actividades e xogos nos que, en moitos casos, ata os pais, nais e acompañantes participaron e pasárono en grande. Inchables, xogos tradicionais e outros realizados con material de refugallo, obradoiros creativos e artísticos, música…. e ata unha boa merenda a base de chocolate e rosca foi do que non faltou nesta cita.