publicidade hoxe

Ordes acollerá un espectáculo de música, teatro e técnicas xaponesas de narración oral no Concerto de Ano Novo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioOrdes
A-
A+

A música será a gran protagonista en Ordes durante a xornada do vindeiro sábado, 7 de xaneiro. Ás 12.30 horas os alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música de Ordes ofrecerán o Concerto de Ano Novo no auditorio da Casa da Cultura. Unha convocatoria aberta a todas e todos os que queiran acudir. A cita está organizada polo Concello e a mesma escola, e conta coa colaboración da Deputación da Coruña e da Banda de Música de Ordes.

Xa para un público a partir dos 12 anos o mesmo escenario, esta vez ás 20 horas, acollerá As pombas do carboeiro. Por primeira vez en Ordes ofrécese un espectáculo do máis orixinal no que o teatro e a música se dan a man para ofrecer unha escenificación baseada na narración oral, a música en directo da Banda de Ordes e a técnica xaponesa do kamishibai para ver historias, contos, lendas, romances e cantos.

Organizado pola Asociación Cultural Amigos da Música de Ordes, nesta ocasión tamén colaboran o Concello de Ordes e a Deputación da Coruña, ademais da firma Urdime propostas culturais.

5 de xaneiro de 2017 | 11:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.