publicidade hoxe

Ordes acolle unha charla para mellorar a atención ao cancro de pulmón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdes
A-
A+

Mellorando a atención ao cancro de pulmón. Perspectiva da AECC, é o título da charla que mañá mércores, 1 de febreiro, se ofrecerá en Ordes. Será na Casa da Cultura ás 17 horas e a entrada será de balde para todas as persoas interesadas. Os relatores serán Francisco Javier Barón, especialista en oncoloxía médica do CHUS, e Marcos Calvo, psicólogo da AECC (Santiago de Compostela). Esta charla está organizada pola xunta local de Ordes da AECC.

31 de xaneiro de 2017 | 11:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.