O Santiago Futsal xa ten en mente a cita do venres
Sen tempo para lamentarse, so para erguerse e volver a traballar. O tropezo dos brancos na noite de onte será so eso, un tropezo. Os de Santiago retomarán esta tarde as sesións coa mente posta no partido do venres, no que repetirán como anfitrións recibindo ao último clasificado Bodegas Juan Gil Jumilla FS (20.45h, Fontes do Sar).
O encontro de onte ante Plásticos Romero Cartagena (2-3) non tivo o desenlace desexado pola escuadra santiaguesa que, pese adiantarse no marcador aos nove minutos de comezar o encontro; viron como os cartaxeneros remontaron, nun minuto, un partido que tiñan dominado. Nesta ocasión, o xogo de cinco con porteiro-xogador non deu resultado e os brancos colleitaron unha derrota inesperada ante un rival directo na loiha por asegurar a permanencia na Primeira División. Desta xeito, os de Santi Valladares sitúanse, unha xornada máis, na duodécima posición, con quince puntos; seis por riba do penúltimo clasificado Levante UD DM (9 puntos).
Pero o traballo sempre foi sinónimo de resultados; premisa básica deste equipo. Por isto, o plantel xa traballa ao máximo nivel para recibir o venres a Bodegas Juan Gil Jumilla, equipo que ocupa a última posición da táboa con tan so 4 puntos no seu contador. Os de Santiago saben que o obxectivo da permanencia pasa por encontros como o do venres, no que confían que plantel e afección aúnen as súas forzas para colleitar a primeira vitoria do ano na casa.











