O Santiago Futsal mostra a súa conmoción polo grave accidente da súa xogadora Itzel

A xogadora do equipo feminino do Santiago Futsal Itzel Cruz sufrí un grave accidente na tarde do domingo tras ser atropelada por un vehículo cando cruzaba por un paso de peóns. O estado de saúde de Itzel é crítico, superou unha complicada operación e loita pola súa vida na UCI de Hospital clínico de Santiago de Compostela. Itzel, de orixe mexicana, estivo acompañada en todo momento por adestradores, xogadoras e directivos do club ata a chegada da súa nai desde México na noite de onte. Desde o club agradecen o trato recibido no hospital clínico e as xestións realizadas pola Universidade de Santiago de Compostela para poder traer a parte da súa familia desde o seu país de orixe.

A súa familia trasladou o desexo de que recen para enviar forzas a Itzel. Dende o seu equipo, todos os membros do Santiago Futsal trasládanlle o seu apoio e forza. Es unha loitadora Itzel, e estamos seguros de que este partido tamén o vas gañar.

10 de xaneiro de 2017 | 13:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.