publicidade hoxe

O sábado comeza un novo curso de cociña do Concello do Grove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

As instalacións da Deputación na Lanzada acollen dende este sábado un curso de “aperitivos, tapas e tostas” organizado polo Concello. Este curso está dirixido a mozos e mozas a partires de 18 anos e ten un horario de cinco a sete da tarde. Deste xeito o curso desenvolverase paralelamente ao que ten lugar en horario de mañá nas mesmas instalacións e que se dirixe a rapazada de 12 a 18 anos.

Ambas actividades tiveron unha grande acollida por parte dos mozos e mozas do Grove. As inscricións para participar son xestionadas a través da Oficina Municipal da Información Xuvenil (OMIX) situada no edificio administrativo. 

12 de xaneiro de 2017 | 19:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.