publicidade hoxe

O rexedor de Bueu participan nun acto de defensa da sanidade pública na defensa da ampliación de Montecelo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+

O local da Asociación de Veciños Castelao, en Pontevedra, acolleu esta mañá unha rolda de prensa dos alcaldes da zona norte de Pontevedra e de grupos municipais, ademais da Plataforma Sos Sanidade Pública, que leva loitando polos intereses sanitarios nove anos.

O acto tiña como obxectivo “non baixar a garda” e seguir loitando para que a ampliación do hospital de Montecelo sexa unha realidade. Isto vén despois de que a Xunta de Galicia anunciase para este ano un orzamento de algo máis de un millón de euros para o comezo destas obras, o que segundo a plataforma “é insuficiente”.

Os rexedores dos municipios de Pontevedra, Barro, Vilaboa, Caldas, Pontecaldelas e Bueu insistiron na urxencia para que os trámites da ampliación deste hospital tan demandado se axilicen. Alí, Félix Juncal, alcalde de Bueu, transmitiu o “recoñecemento á Plataforma Sos Sanidade, por levar esta mecha prendida durante tantos anos e conseguir que a cidadanía se mobilizase a favor da ampliación de Montecelo”. Neste sentido, Juncal mostrouse satisfeito pola convocatoria deste acto, “que pon os intereses da cidadanía por enriba dos partidos”. 

19 de xaneiro de 2017 | 18:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.