O programa Hortos na escola chega a 15 centros públicos de Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, informou este venres da realización do programa de Hortos na escola, que se levará a cabo en doce centros educativos públicos da cidade de educación infantil e primaria, nunha escola de educación infantil de 3 a 6 anos e en dúas escolas infantís municipais de 0 a 3 anos.

Este programa, que se desenvolverá ao longo destes dous trimestres escolares, trata de achegar aos nenos e nenas de educación infantil ao contorno natural, formando parte dos ciclos naturais e intervindo nos mesmos de xeito directo e activo.

Manuel Núñez explicou que “o horto é o marco idóneo para traballar as liñas transversais, especialmente a educación ambiental, pois teñen cabida temas como o consumo, a alimentación, o lixo ou a saúde e nel pódense facilitar aprendizaxes útiles para o desenvolvemento social do alumnado dentro e fóra do marco educativo”.

13 de xaneiro de 2017 | 17:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.