publicidade hoxe

O programa “Grandes Lugares” da TVG interesase pola actividade social e cultural de Bugallido

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmes
A-
A+

Os profesionais do programa “Grandes Lugares” da Televisión de Galicia achegaranse este venres, 13 de xaneiro ata a parroquia amesá de Bugallido para interesarse polas actividades sociais e culturais que desenvolven diferentes colectivos e asociacións deste lugar. A intención deste programa, que se emite habitualmente os domingos pola noite na canle autonómica, é amosar pequenos lugares nos que se fan grandes cousas.

A parroquia de Bugallido será este venres, 13 de xaneiro, o obxectivo da gravación do programa “Grandes Lugares” da TVG. A intención deste programa, que se emite habitualmente os domingos pola noite na canle autonómica, é amosar pequenos lugares nos que se fan grandes cousas. Neste proceso de gravación as cámaras intentaran captar unha mostra das actividades sociais e culturais que na actualidade se desenvolven nesta parroquia, así como lugares emblemáticos da mesma.

Concretamente está prevista a gravación de ensaios do grupo de baile tradicional da asociación cultural “Os Castros”, das pandereteiras “O son da sacha”, que forma parte do programa municipal de actividades Amessan que se desenvolve por todas as parroquias amesás, e da coral polifónica de Bugallido. Ademais, tamén terán cabida neste espazo algunhas actividades artesanais que funcionan actualmente ou funcionaron nalgún día nesta parroquia.

13 de xaneiro de 2017 | 18:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.