O pequeno comercio de Ourense demanda solucións efectivas para a Plaza de Abastos da Ponte e o transporte metropolitano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A Federación de Comercio de Ourense quere chamar a atención sobreas potencialidades que a Plaza de Abastos de A Ponte pode ofrecer ao comercio tradicional da cidade, non estando disposta a aceptar outros usosda mesma. Os comerciantes apostan polas oportunidades sociais que pode presentar esta iniciativa. Propoñen que se implante un canon básico e que se teñan en conta as características socioeconómicas á hora de adxudicar os espazos, tal e como é o caso dos parados ou da xente nova emprendedora. Deste xeito preténdese o fomento de emprego de calidade na nosa cidade.

Por outra banda consideran conveniente que as licitacións se fagan de maneira individual para cada un dos postos que conformarían agora a praza en vez de buscar a xestión integral do espazo. Ademais manifestan que a comisión encargada do proxecto debe incluír comerciantes ou expertos no comercio tradicional.

En canto á instauración do transporte metropolitano, a Federación quere  mostrar o seu descontento coa lentitude da mesma así como demandar medidas eficaces que axilicen a súa posta en marcha.

13 de xaneiro de 2017 | 18:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.