O Observatorio Urbano debuxa unha Pontevedra cun nivel socioeconómico medio-alto respecto ás cidades galegas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A equipa investigadora da Universidade que dirixe Pedro Figueroa entregou Observatorio Urbano de Pontevedra. Informe Socioeconómico de Pontevedra 2105, un traballo que avaliou arredor de 1,1 millóns de datos co fin de facer unha diagnose obxectiva da realidade da cidade e unha comparativa desta realidade coa das outras seis cidades de Galiza.

Anabel Gulas, concelleira de Promoción Económica e da Cidade, departamento que encargou o traballo, anuncio que o documento será entregado aos integrantes do CES (Consello Económico e Social) na xuntanza que vai a ter en febreiro. Ad emais está ao alcance do público xeral na web municipal www.promoción.pontevedra.gal -http://promocion.pontevedra.gal/pon-activa/ observatorio-socioeconomico/

“Os datos a nivel global son bos e alentadores a nivel demográfico” sinala a concelleira Anabel Gulías quen ve no traballo da Universidade unha ferramenta útil para avanzar no desenvolvemento da cidade. “Agora temos unha visión obxectiva, un sustento cuantitativo para avaliar e deseñar políticas de actuación e corrixilas se é preciso” subliñou. Queda moito por facer, engade a concelleira de Promoción da Cidade, pero a realidade amosada polo Observatorio é positiva.

É unha opinión compartida polo director do Observatorio, Pedro Figueroa, quen resumía a diagnose nos seguintes termos “ Pontevedra ten (respecto ás outras cidades galegas )unha posición xeral media-alta, cun 83% de indicadores positivos, especialmente no referente á cohesión social e a indicadores demográficos e económicos como os da evolución do emprego ou a creación de empresas”.

A evolución do paro e do emprendemento, por unha banda e o alto nivel de formación da poboación, por outra son cuestións que sorprenderon en positivo ao investigador universitario. Tamén amosou a súa sorpresa polo nivel medio de renda: “pensei que era máis alto pola forma de vivir e o nivel de consumo dos pontevedreses”.

25 de xaneiro de 2017 | 18:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.