publicidade hoxe

O Grove colabora no Curso de Monitores de Fútbol Base que se celebra no Monte da Vila

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesO Grove
A-
A+

As instalacións municipais do Monte da Vila acollen dende onte e ata o vindeiro 27 de marzo un curso de Monitor de Fútbol base de 65 horas de duración que se celebrará dous días á semana en sesións de tres horas e media cada día. Este curso, homologado pola Federación Galega de Fútbol, foi organizado polo Unión Deportivo Grove buscando facilitar esta formación sen necesidade de acudir a outros lugares e conta coa colaboración do Concello.

Os contidos teóricos e prácticos serán impartidos no propio campo, onde foi habilitado un espazo que fará as funcións da aula. A docencia correrá ao cargo do exfutbolista e entrenadorJoséLuisUhía “Piscis”. No comezo das clases, na tarde de onte, estiveron presentes o propio docente e tamén o Concelleiro de Deportes, o presidente do Clube de fútbol e o presidente da Federación Galega. 

12 de xaneiro de 2017 | 19:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.