O goberno de Vigo constata o funcionamento das tarxetas nas probas de homologación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+

Abel Caballero explicou que onte luns se realizaron nas instalacións de ABANCA as probas de lectura das tarxetas de transporte metropolitano nas que se puido confirmar que o “sistema funciona”.

O rexedor declarou que o Concello “está proactivo” e segue traballando para desenvolver o sistema de transporte metropolitano. Así, unha vez recibida “toda a información desde a Xunta de Galicia” para poder empregar o software vigués e probalo, onte luns realizáronse as primeiras probas de homologación dos sistemas informáticos con ABANCA, o operador co que traballa o goberno autonómico, cun resultado positivo xa que “se constatou que o sistema funciona”.

A tenor deste resultado, Caballero apuntou que, resolta esta cuestión, “para nós está listo para ser colgado de forma inmediata”, considerando que a Xunta debe “retirar o seu recurso, como é natural”.

24 de xaneiro de 2017 | 18:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.