publicidade hoxe

O DOG publica a licitación das obras do terceiro treito da Autovía do Morrazo, entre Meira e Cangas, por máis de 18 millóns de euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasLocal PortadaMeira
A-
A+

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) á licitación das obras do terceiro treito da Autovía do Morrazo, entre Meira e Cangas, por importe de máis de 18,2 millóns de euros. Así, o Goberno galego, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, levará a cabo os traballos de desdobramento do Corredor do Morrazo entre os puntos quilométricos 7+300 (enlace de Meira) e 11+150 (primeiro enlace de Cangas), que terán un prazo de execución de 24 meses. Pódese consultar información máis detallada no seguinte enlace. A presentación de ofertas pecharase o vindeiro 20 de febreiro.

O Goberno galego prevé comezar os traballos antes do vindeiro verán, logo do levantamento das actas previas á ocupación dos terreos necesarios para a súa execución, previsto para o primeiro trimestre do ano. Así, a totalidade das obras de construción da Autovía do Morrazo estarán en execución en 2017.

O treito ten unha lonxitude de 3,87 quilómetros, desde o enlace de Meira, no p.q. 7+300 do actual corredor, ata o 11+150 do mesmo, no primeiro enlace de Cangas (conexión coa VG-4.5). Neste enlace, ademais, completarase en sentido Alto da Portela a rehabilitación do firme no treito non afectado polo desdobramento, polo que a lonxitude total do tramo de actuación será de 4,16 km.

Ademais do desdobramento do tronco, estas obras suporán a remodelación parcial dos enlaces de Meira, no que se inicia a obra, e Moaña (coa PO-313, no p.q. 9+570);a duplicación do viaduto da Fraga, de 330 metros; a ampliación de dous pasos superiores e cinco pasos inferiores existentes; e a reposición dunha pasarela peonil metálica (p.q. 8+980, á altura de Broullón).

O documento desenvolve o trazado aprobado polo Goberno galego no ano 2013, que recolle, entre outros, axustes de deseño en planta e en alzado para minimizar os movementos de terras, compensando no posible o volume de desmonte co de terraplén. Con este obxectivo, neste treito, mantense a solución de alternancia do desdobramento pola marxe dereita e pola esquerda, buscando o maior aproveitamento posible da calzada existente. Desde xeito, acádase unha solución optimizada, máis equilibrada e de menor impacto, xa que consegue un mellor reaproveitamento dos materiais existentes e un menor impacto visual, todo iso mantendo a máxima funcionalidade.

A Autovía do Morrazo é a infraestrutura viaria con maior dotación orzamentaria da Xunta en 2017 (22 millóns de euros) e supón un investimento total de 55 millóns de euros.

5 de xaneiro de 2017 | 18:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.