publicidade hoxe

O DOG publica a autorización das expropiacións para a construción do itinerario peonil e ciclista na AC-429, entre Neaño-Cabana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCabana de Bergantiños
A-
A+

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a autorización das expropiacións para a construción dun itinerario peonil e ciclista na AC-429, treito Neaño-Cabana, concretamente, entre os puntos quilométricos 2+176 e 3+740, ao seu paso polo Concello coruñés de Cabana de Bergantiños. O orzamento base de licitación do proxecto de construción supera os 350.000 €, que aportará a Consellería de Infraestruturas e Vivenda, para obter máis detalles pódese consultar a seguinte ligazón: https://goo.gl/2JduIE.

Coa construción desta senda haberá un camiño peonil continuo nesta estrada, de 6,8 quilómetros, dado que o vial xa conta con sendas desde seu inicio en Ponteceso ata Neaño (2,17 km) e dende A Cabana ata Taboido (3,09 km).

O Decreto de Utilidade Pública, que foi aprobado polo Consello da Xunta, supón as expropiacións das 28 fincas, que terán un investimento de algo máis de 48.000 €, necesarias para a execución dunha senda para uso peonil e ciclista na estrada AC-429 (Ponteceso–Laxe), que permitirá comunicar Neaño con A Carballa, núcleos que contan xa con beirarrúas.

A senda, que terá unha lonxitude de 1.564 metros, desenvolverase no Concello de Cabana de Bergantiños. Executarase en formigón, pola marxe esquerda da estrada desde o punto quilométrico 2+176 (intersección coa DP-1406 a Cesullas situada no núcleo de Neaño) ata o 3+565, lugar no que existe un paso inferior que se utilizará para cruzar a estrada; desde ese punto, pola falta de espazo na marxe esquerda, a senda continua pola marxe dereita da estrada ata o pq 3+740 (entrada en A Carballa), aproveitando o camiño existente ao pé do noiro.

A sección tipo terá, salvo en puntos localizados nos que as edificacións existentes non o permitan, un ancho mínimo de 2,0 m e contará nos tramos nos que é posible cunha banda vexetal de separación da calzada de 0,5 m. Para acadar esta sección e dotar ao treito dunha solución homoxénea, será demolida a senda existente nalgúns subtramos, de ancho reducido. En dous tramos, a senda executarase sobre o antigo trazado da AC-429 para minimizar as afeccións.

11 de xaneiro de 2017 | 12:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.