publicidade hoxe

O DOG anuncia a licitación das obras de saneamento dos núcleos das Ermitas, O Couto e Leirado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) anuncia hoxe (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170127/AnuncioO143-230117-0002_gl.html) a licitación das obras de saneamento dos lugares das Ermitas, O Couto e Leirado, en Salvaterra de Miño, por valor de 362.996 euros. A obra consistirá na dotación dunha nova rede de saneamento, que permitirá eliminar os puntos de vertedura e garantir, así, a calidade das augas dos ríos da contorna.

Esta iniciativa inscríbese na aposta do Goberno galego pola máxima colaboración cos concellos para a posta en marcha infraestruturas e servizos que melloren a calidade de vida dos cidadáns e cidadás.

As obras están cofinanciadas por parte do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) e enmárcase nun convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Salvaterra de Miño.

27 de xaneiro de 2017 | 17:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.