O director xeral de Xustiza destaca o traballo dos profesionais do Instituto de Medicina Legal na resolución dos procesos xudiciais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín gabou hoxe a a labor que levan a cabo as actuacións dos profesionais do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) no marco dos procesos xudiciais, xa que o informe médico que se achega ao proceso xudicial ten unha relevancia fundamental á hora de que as autoridades xudiciais e fiscais fundamenten as súas decisións.

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín asistiu á inauguración das Xornadas “Aspectos prácticos da Responsabilidade Profesional Sanitaria”, onde destacou que no dentro do obxectivo xeral de contribuír a unha xustiza máis áxil e eficiente, a Xunta, decidiu reforzar o persoal do Imelga, ademais de dotar a outro equipo a maiores para a cidade de Vigo.

Martín explicou que o traballo nos institutos permite un maior acceso a medios técnicos, así como unha maior organización e coordinación entre os médicos forenses dun territorio, grazas á creación dos Institutos de Medicina Legal, con médicos forenses, funcionarios que traballan para a Administración de xustiza, actuando con carácter independente e sometidos unicamente ás regras de investigación científica como expertos en medicina e coa responsabilidade de coadxuvar a unha axeitada aplicación do Dereito e do funcionamento da Xustiza.

O director xeral destacou que a aposta pola modernización da Xustiza é unha das preocupacións fundamentais da Xunta, como así o amosa coa creación de 4 prazas de médicos forenses e a consolidación dos sete equipos psicosociais que están a funcionar como reforzo no Instituto de Medicina Legal de Galicia ante o aumento de carga de traballo que teñen experimentado, e que desenvolven importantes actuacións atendendo as demandas de valoración e elaboración de informes en procedementos altamente sensibles, como son as valoracións do ámbito de familia (gardas e custodias, réximes de visitas, modificacións de medidas; valoracións de incapacidades e sociofamiliares, etc.), sen esquecer a valoración integral xunto co persoal médico forense en materia de violencia de xénero acolle de xeito integral os aspectos médicos, psicolóxicos e sociais no desempeño da súa función pericial de asesoramento aos xuíces, tribunais e fiscais.

27 de xaneiro de 2017 | 19:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.