publicidade hoxe

O director da Banda de Música de Sober chega á final para facerse coa praza de tuba na London Symphony Orchestra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSober
A-
A+

O director da Banda de Música de Sober, Miguel Franqueiro, vén de participar en Londres nunhas probas convocadas pola London Symphony Orchestra para cubrir unha praza de tuba, proceso ao que se presentaron máis dun centro de músicos de todo o mundo. O director, natural de Boqueixón, conseguiu chegar ata a fase final, á que accederon menos dunha decena de persoas.

O Goberno local do Concello de Sober felicita a Franqueiro e asegura que esta proba lle abrirá “importantes portas para o seu futuro no mundo da música”.

Repercusión internacional

Miguel Fraqueiro tivo que participar en dúas fases e facer unha lectura a primeira vista. Asegura que foi unha experiencia “única” que lle permitirá darse a coñecer a nivel internacional. Tamén favoreceu que coñecera ao director titular da London Symphony Orchestra, SimonRattle.

A London Symphony Orchestra é unha das máis importantes do mundo e do seu seo teñen saído importantes bandas sonoras, como a da saga da afamada Star Wars. 

23 de xaneiro de 2017 | 17:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.