O departamento de Cultura inicia a recollida de información para crear o mapa da “Pontevedra Literaria”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Concellería de Cultura pon en marcha o proxecto “Pontevedra Literaria” que culminará coa creación do mapa literario do concello de Pontevedra que estará dispoñible na rede e en soporte papel a partir deste verán. Con esta iniciativa preténdese pór en relación e dar a coñecer a vinculación da cidade do Lérez coa literatura xeral.

O mapa integrará autores e obras que falan da cidade ou que transcorren nela (incluíndo banda deseñada e álbums ilustrados), pero tamén atenderá a todo o que as rodea (imprentas, editoras, librarías), as promove (bibliotecas, centros culturais) e inspira (lugares de encontro e encontro, espazos históricos…).

O resultado pretende ser un mapa colaborativo, é dicir, no proceso de recollida de información abrirase comunicación con persoas e entidades da cidade relacionadas co mundo das letras, e deste xeito, poder construír un mapa o máis amplo e representativo posible.

18 de xaneiro de 2017 | 19:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.