O Consello Regulador imparte un seminario sobre Augardentes e Licores Tradicionais no IES Vilamarín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O Consello Regulador de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia impartiu un seminario no IES Vilamarín (Ourense) para dar a coñecer o seu traballo e os produtos que ampara mediante os seus procesos de control e cualificación. Esta iniciativa contou coa participación duns corenta alumnos e alumnas dos Ciclos Medios de Formación Profesional de Servizos e de Dirección de Cociña, que se imparten no centro.

Carmen Otero, secretaria do Consello Regulador, presentou o traballo que desenvolve a entidade para preservar e garantir a calidade das augardentes e licores tradicionais de Galicia. Unha proxección audiovisual detallou o proceso de elaboración dos distintos produtos amparados e o programa de control que desarolla en Consello.

Ademais, os estudantes tiveron ocasión de participar nunha cata comentada na que puideron distinguir entre dúas augardentes de bagazo, unha con base de albariño e outra con base de godello, augardente de herbas e licor café. Otero explica que “foi especialmente interesante que comprobasen que a variedade de uva tamén inflúe nas calidades e parámetros dunha augardente branco de bagazo, algo que a priori ás veces non valoran”. 

Este seminario forma parte do programa de divulgación e formación que o Consello Regulador de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia desenvolve durante todo o ano. Os seus principais obxectivos son dar a coñecer os produtos aos futuros profesionais dos ámbitos da hostalaría e a restauración, así como concienciar sobre a importancia de consumir destilados debidamente etiquetaxes.

26 de xaneiro de 2017 | 13:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.