O Concello de Pontevedra pecha a cesión das parcelas a Juan XXIII para a súa futura residencia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Asociación Juan XXIII xa ten a súa disposición as dúas parcelas cedidas polo Concello -máis de 3.000 metros cadrados de superficie- e ten todo listo para o inicio da tramitación do seu proxecto de centro de día e residencial, unha vez que a asociación formalice no notario a inscrición dos terreos, segundo informou a concelleira de Urbanismo, Carme da Silva.

Juan XXIII ten previsto construír un novo centro residencial permanente para persoas con discapacidade intelectual con 23 prazas de residentes e 21 prazas no centro de día. Esta residencia engadirase aos equipamentos actuais da asociación: centro de día e centro ocupacional con obradoiros de xardinería, automoción, de fregonas, encadernación e artesanía.

17 de xaneiro de 2017 | 19:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.