O Concello de Pontevedra actualizará a ordenanza municipal de terrazas e veladores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O Concello actualizará a ordenanza municipal de terrazas e veladores co fin de adaptala ás novas necesidades do sector hostaleiro, a existencia de novos espazos públicos e novos usos, de novas demandas de ocio, etc. segundo explicou a concelleira de Urbanismo, Carme da Silva ao remate da Comisión de Urbanismo na que se ditaminou por unanimidade a moción do PP que instaba a revisión da normativa vixente.

Será a Concellería de Promoción Económica e da Cidade a que estea ao fronte do proxecto xa que é a interlocutora habitual co sector. Para a elaboración da nova normativa tamén escoitarase a opinión de outros sectores sociais implicados ou potencialmente afectados pola actividade hostaleira. Tamén, subliñou a concelleira Carme da Silva, recollerase “os usos preferentes” dos espazos públicos por exemplo durante a celebración das festas ou de eventos deportivos.

“Estamos dispostos a falar de todo” declarou a concelleira de Urbanismo: distribución dos veladores, ocupación dos espazos, uso de elementos ornamentais, toldos, calefactores, publicidade, horarios, etc.

17 de xaneiro de 2017 | 19:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.