publicidade hoxe

O Concello de Bueu acometerá a mellora no vial de acceso ao centro de saúde

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+

A concellaría de obras e servizos de Bueu, dirixida por Fidel Castro, anuncia que a partir do luns 30 de xaneiro se cortará a rúa de acceso ao Centro de Saúde dende a que se accede pola Po-551. A finalidade non é outra que comezar as obras de arranxo neste vial que se atopa en mal estado nalgúns dos tramos, e que se solucionará na mesma semana con medios propios.

Así, a rúa permanecerá pechada e o acceso para vehículos será só pola rúa A Pedra,  reservándose o da estrada provincial soamente para ambulancias e emerxencias. 

26 de xaneiro de 2017 | 12:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.