publicidade hoxe

O Concello de Bueu acomete tarefas de asfaltado no Camiño da Sobreira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+

O Concello de Bueu asumirá o asfaltado do coñecido como Camiño da Sobreira, entre o núcleo urbano de Beluso e A Roza, onde se fará un asfaltado completo nunha zona de aproximadamente 350 metros de distancia. 

Esta mañá estiveron no lugar onde comezarán estes días as obras o alcalde da vila, Félix Juncal, o concelleiro de obras e servizos, Fidel Castro e o arquitecto técnico municipal, Alfredo de la Campa.

A obra conta cun orzamento de case 15.000 euros e será realizada pola empresa Marconsa, e contempla o arranxo cun capa de triple rego, un tratamento moi adecuado para camiños rurais semellante ao asfalto que é moi perdurable no tempo.  Ademais, aproveitando unha acometida anterior deixouse xa lista unha tubaxe para augas pluviais, coa que se pretende solucionar o problema das inxentes cantidades de auga que proveñen da cima da ladeira e que anega continuamente as fincas veciñais. 

9 de xaneiro de 2017 | 18:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.