O Club Xadrez Mos organizou unha nova edición do Torneo de Nadal Sub2200
O Club Xadrez Mos, único club deste deporte no Concello de Mos, organizou a III edición do Torneo de Nadal Xadrez Mos Sub2200.
A competición incluiu un novo formato de xogo: 60 minutos máis 30 segundos de incremento por xogada, válido para Elo Fide.
O Torneo foi disputado os pasados días 7 e 8 de xaneiro noCentro Dotacional de Torroso, contando coa asistencia de 70 participantes.