O cine regresa ao Teatro Colón
O vindeiro 9 de febreiro o cine volve ao Teatro Colón. E faino pola porta grande, coa proxección de “El Verdugo”, de Jose Luis García Berlanga, seguida dunha charla coloquio dirixida por Jose Manuel Sande, Concelleiro de Cultura do Concello da Coruña, crítico de cine e colaborador habitual da revista especializada Caimán.
O proxecto de volver encher o Teatro Colón de cine partiu da plataforma Screenly e a revista Caimán Cuardernos de Cine, que proxectaron un ciclo completo de proxeccións do mellor cine español de todos os tempos: “El Vergudo”, “El Espíritu de la Colmena” e “Viridiana”, tres películas elixidas na Enquisa Caimán con motivo do número 100 da publicación.
A iniciativa púñase en marcha hai unhas semanas, co lanzamento da campaña de crowdticketing, destinada a garantir o interese do público na primeira destas proxeccións programadas. Hoxe, coa campaña rematada con éxito e alcanzada a cifra programada, os responsables da iniciativa e o Teatro Colón confirman a proxección do clásico de Berlanga o vindeiro 9 de febreiro, ás 21:00 horas, e anuncian a próxima posta en marcha do segundo crowdticketing, co que buscarán facer realidade a proxección de “El Espíritu de la Colmena”, de Víctor Erice, o vindeiro 23 de marzo.
As entradas para disfrutar de “El Verdugo” continúan á venda, ao prezo de 6€, na plataforma Screenly -8€ a partir do 2 de febrero na billeteira do Teatro Colón-











